Concello de vilaboa, a través do seu portal web salinasdoullo.gal, facilita información de interese cultural das Salinas de Ulló.
O Concello de Vilaboa fai os esforzos precisos para evitar erros e, no seu caso, reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información estea permanentemente actualizada.
O Concello de Vilaboa poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.
O acceso ao portal, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello de Vilaboa non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estrito exercicio das súas competencias.
No Portal incluíronse enlaces a páxinas de sitios web de terceiros (“links”), a maior parte a páxinas de Internet doutras Administracións Públicas, que se consideraron de interese para os usuarios. No entanto, o Concello de Vilaboa non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos de enlaces de terceiros aos que se fai referencia no portal.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal suxeitarase ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como as súas normativas de desenvolvemento e demais normativas de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.