Hábitats Presentes

Resulta que nas Salinas do Ulló e Larache, e toda a súa contorna ao redor, danse varios “hábitats” que están considerados de moitísimo valor. ¿Que é un hábitat? Un hábitat é un lugar físico, o terreo o auga no que se dan unas características e fortunas que fan que ese lugar sexa ideal para que sobrevivan animais e plantas. Pois algúns destes hábitats son menos comúns ou son únicos que necesitan ser estudados e conservados para que se manteñan no tempo. Estes hábitats se consideran de Interese Comunitario, é dicir que unha lei europea as protexe. Incluso algúns destes hábitats teñen unha prioridade máxima

Bosque de Ribeira

De feito máis da metade do territorio ocupado polas Salinas posúe algún destes hábitats de interese. Principalmente na zona mariña e intermareal, onde medran pasteiros acostumados a salitre da auga. Son as chamadas marismas e xunqueiras onde a auga doce se mestura coa salgada en cada marea, como nos antigos cocedoiros ou “Salina de San José” ou na “Lagoa” (Salinas Vellas). 

Salinas de Larache
Salinas do Ulló
Vexetación de Marisma. Xunqueira
Vexetación de Marisma. Xunqueira

Pero se levantamos a cabeza atopamos un bosque na contorna que tamén é un hábitat importante. Se trata do bosque aluvial composto por unha mestura de árbores como o amieiro (Alnus glutinosa) e o freixo (Fraxilus sp.). E xusto este hábitat é un deses que ten a consideración de hábitat prioritario a conservar pola Directiva Hábitats Europea e tamén polas normativas españolas e galegas que a aplican. Se camiñas nas marxes das Salinas Vellas a sombra a crean estas árbores.  

Bosque de ribeira
Amieiro ou ameneiro

Na primavera, as ladeiras dos montes que rodean a enseada de San Simón se tingue de rosa e amarelas polas flores das uces (Erica sp.), toxos (Ulex sp.e queirogas (Calluna vulgaris) que alí tapizan o terreo. Estes hábitat, aínda que fóra das Salinas, tamén é considerado prioritario. Debemos ter en conta que a natureza non comprende de fronteiras ríxidas e que os hábitats transitan duns aos outros. Máis incluso do que nos pensamos, son unha forma de ser vivo. 

Pero non podemos pechar os ollos, xa que no territorio tamén atopamos especies que non deberían ter chegado aquí e que a súa presenza afecta gravemente ás especies autóctonas do lugar. Algunhas delas son especies denominadas exóticas e invasoras, como o eucalipto (Eucalyptus globulus), as acacias (Acacia melanoxylon) e mimosas (Acacia dealbata) ou herba da Pampa (Cortaderia selloana), entre outras. 

Toxo e uces

Os hábitats teñen moito que ver coa flora do lugar. E sobre ela se desenvolven especies de animais. Especies e comunidades que cómpre seguir estudando para poder estimar o estado de conservación do lugar e tomar medidas de protección e mellora. 

Eucaliptos (Eucalyptus globulus)
Acacia negra (Acacia melanoxylon)
Herba da Pampa (Cortaderia selloana)
Scroll ao inicio