Muíño De Mareas

Evolución del paisaje

Os muíños de mareas son edificios destinados á moenda de cereal que funcionan aproveitando o ciclo das mareas. Sitúanse no litoral marítimo, sempre vinculados a unha represa ou estanque que se ha de encher de forma natural cando medra o mar. Trátase de construcións de planta rectangular e dúas alturas. A inferior acolle o rodicio do muíño, un mecanismo xiratorio movido pola forza da auga que sae do estanque. A planta superior acolle a maquinaria de moenda (a adella, a moa e o pé, o tremiñado, etc.)

No sector sueste da Banca de Casó ou muro que separa o estanque da ría construíuse un muíño de mareas que permitía moer gran dúas veces por día aproveitando a chea do mar. Os restos deste muíño aínda se conservan na Punta do Carregal. A construción do muíño débese ao enxeñeiro francés Felipe Auguste Cazaux (pronunciado casó).

Arriba, planta do tallamar que acolleu o muíño de mareas

A investigadora Begoña Bas, que documentou os restos deste muíño a finais da década de 1980, deixou escrito sobre el:“Diversos informantes indicaron que esta presa tivo diferentes finalidades, como por exemplo aserradeiro de madeira, e que nela se instalaron -ou se tentou instalar- uns muíños que moeran coa auga do mar. Xunto a este muro hai hoxe unhas moas e pés, negreiras, que non necesariamente tiveron que pertencer a este complexo. Con respeito a isto, mentres uns informantes din que están alí sen outra finalidade que a do adorno, outros afirman que se levaron para as instalar pero que nunca se chegou a facer tal, e tamén hai quen afirma que lembran de cando os seus maiores lles contaban que tiñan ido moer a estas bancas. (…)

Tanto polo emprazamento nesta ampla seca, como polas características do muro e a presencia das moas, pensamos que tería sido posibel instalar nestas antigas salinas un muiño de marés, mais a falla de datos non nos permite chegar a unha conclusión concreta.”

Recreación do muíño de mareas
Moas e pés do desaparecido muíño de mareas do Ulló. Fonte: Begoña Bas (1991)
Scroll ao inicio