O Intermareal, A Marisma E O Bosque De Ribeira

As Salinas do Ulló e Larache están situadas nun espazo protexido polos súas características naturais. Protéxeas unha normativa europea, a Directiva Hábitats, que ten aplicación estatal e galega, porque nas Salinas do Ulló e na área ao redor existen dous hábitats que son considerados prioritarios a conservar. Estudos científicos xa detectaron máis de 300 especies de seres vivos que alí residen, tanto mariños como terrestres. 

Salinas do Ulló
Salinas de Larache

Sesenta e nove destas especies están consideradas como especies protexidas polas normativas europeas, estatais e autonómicas. Os principais hábitats son a zona intermareal de lama, as marismas e os bosques de ribeira. Eles tres ocupan unha área diferente pero non por iso son máis importantes uns que outros. No espazo intermareal danse condicións cambiantes en cada marea. Dúas veces cada 24 horas a auga e o salitre fan presenza e os animais e plantas soportan estes cambios, adaptadas a vivir alí. Tamén a falta de movementos bruscos de auga no fondo da ría, fan aparecer lamas que se mesturan con gravas máis grosas. 

Pouco a pouco o fondo cambia e medra ata quedar exposto fóra da auga, incluso nas mareas altas. Alí comezarán a medrar plantas e a ser visitados por novos animais converténdose nunha marisma. Estas plantas e animais seguen a estar adaptadas á salinidade e son o paso intermedio para a chegada de plantas máis tipicamente terrestres. Así chegamos á vexetación e bosque de ribeira nos bordos das marismas, das canles de regos e regatos que morren nela. Estes bosques son filtros e drenaxes das augas, pero as súas raíces tamén axudan a manter o solo e evitar a erosión. Polo tanto os bosques son clave na conservación do territorio terrestre pero tamén intermareal e mariño. 

Zostera (Zostera sp.) sumerxida
Zostera (Zostera sp.) coa marea baixa
Salicornia (Salicorna sp.)
Armoles do litoral (Atripex portulacoides)
Armoles do litoral (Atripex portulacoides)

Pero tamén se atopan especies invasoras e exóticas que cómpre controlar e regular. Aínda que podemos considerar ao contorno das Salinas do Ulló e Larache en bo estado de conservación, non debemos descoidar plantas e animais invasores que poden provocar un desaxuste grave no lugar. Estes seres vivos, como a acacia (Acacia melanoxylon), o eucalipto (Eucalyptus globulus), a avespa asiática (Vespa velutina) ou as tartarugas de orellas amarelas (Trachemys scriptason) competencia directa das plantas e animais autóctonos e comúns do lugar, pero tamén endemismos ou especies que están presentes só neste territorio, e por suposto, as que están en perigo de extinción. Estas especies exóticas e invasoras teñen maior facilidade de desenvolverse, medrar e reproducirse. Se espallan con moito máis éxito e ocupan rapidamente espazos doutros, incluso impiden que outros podan sobrevivir ou transmiten enfermidades. 

Bosque de eucaliptos (Eucalyptus globulus)
Follas novas da acacia negra (Acacia melanoxylon)
Tartaruga de orellas amarelas (Trachemys scripta)
Scroll ao inicio