Camiñar con apercepción, prestar atención por onde se camiña aínda que sexa o noso percorrido diario. Con este xesto os nosos sentidos menos afeitos a atender nos revelarán sons, texturas e cheiros que pasaban desapercibidos. As Salinas do Ulló e Larache son un contorno privilexiado polos seus valores naturais e históricos, pero tamén é lugar de lecer e benestar de cada visitante que reciben.
Coidar o patrimonio é responsabilidade de todos e todas nós. Tanto o patrimonio natural coma o cultural son irrenunciables e teñen un enorme valor. Temos o deber e a obriga de preservalo e conservalo. As Salinas do Ulló e Larache son lugares únicos que non deben desaparecer baixo ningún concepto. Aínda máis, deben facerse ver a toda a veciñanza e tamén aos visitantes do noso territorio. A posta en valor sempre terá repercusión, mentres sexa dun xeito responsable e priorizando a conservación destes espazos.
A perda da biodiversidade será o mal da humanidade do vindeiro século. Está na nosa man frear a perda da biodiversidade do noso planeta. Comezando dende o noso territorio, todos temos poder para facelo. O equilibro entre especies e o seu hábitat é fundamental para que cando aparezan os problemas haxa adaptacións que fagan fronte. Os problemas da vida se dilúen e son triviais con maior diversidade de animais e plantas e se fan máis perigosos e persistentes cando a biodiversidade se reduce ou incluso só queda unha especie animal ou vexetal. Debemos manter o equilibrio para sobrevivir nós e o resto de especies do noso contorno e do planeta.